EROSKI, no seu compromiso con todos os seus clientes para ofrecer sempre os mellores produtos e servizos aos prezos máis competitivos, pon á túa disposición toda a información necesaria para que ti e a túa familia esteades tranquilos e seguros.

Ofrécemoste a posibilidade de comparar entre unha selección de compañías aseguradoras de demostrada solvencia e unha atención ao cliente inmellorable, nos principais seguros que precisas: seguros para protexer o teu coche, a túa moto, o teu fogar, a túa saúde, a túa vida, etc., para que poidas escoller o que máis che convén a través desta páxina web ou no teléfono 900 804 424, de luns a venres de 9 h a 19 h.

O noso obxectivo é facerche a vida máis sinxela. Por iso, nesta páxina atoparás distintas modalidades de seguros para que poidas buscar e comparar pólizas entre diferentes compañías, sempre desde a absoluta neutralidade e, por suposto, coa total garantía das marcas que nos avalan nesta actividade.

Ofrécemoste ademais todo o asesoramento que precises, para que poidas contratar coa absoluta tranquilidade de que escolles a compañía e as coberturas que mellor se adaptan ás túas necesidades e ás da túa familia.

Para todo iso, chegamos a un acordo con Aon Gil y Carvajal, S.A. Correduría de Seguros, número 1 en España e Europa en clientes e volume de seguros intermediados.

EROSKI actúa como auxiliar externo de Aon Gil y Carvajal, S.A. Correduría de Seguros, a través de CECOSA Hipermercados, S.L., sociedade pertencente ao Grupo EROSKI (en diante EROSKI).

No caso de que queiras información sobre as coberturas ou calquera aspecto relacionado con estes seguros, contacta connosco.

Eroski Asegura.
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.