É moi sinxelo. Poñemos á túa disposición dúas vías para consultar, dun modo cómodo e rápido, os seguros que che ofrecemos, calcular o seu prezo e, se o desexas, contratalos no momento.
É moi sinxelo, só tes que cubrir os datos que che solicitamos para cada tipo de seguro e en moi pouco tempo poderás calcular o prezo do seguro para o teu caso concreto. Ademais, poderás comparar non só o prezo senón tamén as coberturas que ofrece cada compañía e, se o desexas, contratar a póliza que elixas seguindo as indicacións que che facilitamos.
Todos os datos que che solicitamos son necesarios para ofrecerche o prezo exacto con cada compañía; se os datos facilitados non son correctos, o prezo poderá variar.
¿Necesitas axuda?
Ao longo de todo o proceso acompañarémoste, ofrecéndoche axuda para entender os datos que che pedimos. No caso de que precises información adicional sobre as coberturas ou calquera outro aspecto relacionado cos seguros, estaremos aí para que poidas consultarnos.
Podes chamar por teléfono ao 900 804 424, de luns a venres de 9 a 19 h, enviarnos un correo electrónico a asegura@eroski.es
ou facilitarnos os teus datos de contacto para que che chamemos nós. Tamén dispoñerás dun chat en liña en horario de 9 a 19 h.
Se finalmente decides contratar algunha das propostas que che ofrecemos, a póliza de seguros contratarase coa compañía que ti elixas, coa intermediación de Aon Gil y Carvajal, S.A.U. Correduría de Seguros.
Informámoste igualmente de que, de acordo co establecido no artigo 42 e concordantes da Lei 26/2006, do 17 de xullo, Aon Gil y Carvajal, S.A.U. Correduría de Seguros presta os seus servizos de mediación de seguros dun modo obxectivo e independente, velando polos teus intereses e buscando sempre, en todo caso, a cobertura que mellor se adapte ás túas necesidades segundo os requirimentos que ti establezas.
