14/02/24

Cales son as probas que se esixen para pasar a ITV

Todos os vehículos deben someterse á Inspección Técnica de Vehículos (ITV). A periodicidade depende da antigüidade do vehículo.

Os automóbiles e as motocicletas deben pasar a ITV catro anos despois da súa matriculación. A partir de entón, a inspección debe efectuarse cada dous anos; unha vez alcanzan a década, a ITV requírese anualmente. No caso dos vehículos industriais, establécese unha programación de revisións máis frecuente.

Ao levar o vehículo á ITV revísase a carrozaría, chasis e exterior; o interior; a iluminación e a sinalización; as emisións; o sistema de freado; a dirección; o eixo, rodas, pneumáticos e suspensión; e o motor e a transmisión.

Desde mediados de maio de 2023 hai dúas probas máis:

Sistema de chamada de emerxencia (eCall): Requisito obrigatorio unicamente para aqueles homologados a partir do 2018.

Recompilación de datos OBFCM (On-Board Fuel Consumption Meter): OBFCM só aplícase aos que foron matriculados desde xaneiro de 2021.

Que se revisa ao pasar a ITV

Desde a AECA-ITV resumen en 10 pasos o proceso da inspección técnica de vehículos e os elementos que se comproban. Insisten en que, durante o proceso, non se efectúa o desmonte de ningún elemento.

  • 1. Identificación do vehículo: Compróbase que a marca, modelo, número de bastidor e matrícula do vehículo coincidan cos indicados na documentación.
  • 2. Acondicionamento exterior, carrozaría e chasis: Verifícase que non haxa defectos de oxidación e corrosión que poidan comprometer a seguridade do vehículo, así como arestas vivas perigosas para os peóns. Ademais, examínase o estado das portas e os seus mecanismos.
  • 3. Visibilidade: Examínase o estado das lúas e o parabrisas, así como o correcto funcionamento dos limpiaparabrisas e lavaparabrisas. Ademais, inspecciónanse os espellos retrovisores.
  • 4. Acondicionamento interior: Revísanse elementos como os asentos e os cintos de seguridade. Tamén se verifica que non haxa nada obstaculizando o campo visual.
  • 5. Iluminación e sinalización: Se chequea a orientación, funcionamento e homologación dos dispositivos de iluminación e sinalización.
  • 6. Emisións contaminantes: Mídense os niveis de emisións para comprobar que sexan inferiores aos límites establecidos de acordo coa data de fabricación e o tipo de combustible do vehículo. Tamén se verifica o nivel de ruído.
  • 7. Dispositivos de freado: Compróbase a eficacia, estado e funcionamento do sistema de freado.
  • 8. Dirección: Supervísase o seu estado e funcionamento, así como as posibles folguras dos elementos da dirección do vehículo.
  • 9. Eixos, rodas, pneumáticos e suspensión: Obsérvase o estado xeral dos eixos, rodas e dos diferentes compoñentes da suspensión. Tamén que os pneumáticos sexan os homologados.
  • 11. Otros componentes: Dependiendo del tipo de vehículo, se comprueban los componentes y documentación específica (tacógrafo, limitador de velocidad, control electrónico de estabilidad, etc. ).
  • 11. Outros compoñentes: Dependendo do tipo de vehículo, compróbanse os compoñentes e documentación específica (tacógrafo, limitador de velocidade, control electrónico de estabilidade, etc. ).

Láminas adhesivas solares no parabrisas dianteiro.

Ademais na última versión do ‘Manual de Procedemento da ITV’ actualizáronse as condicións para a instalación de láminas adhesivas solares no parabrisas dianteiro. Antes, só estaban permitidas en vehículos conducidos por persoas diagnosticadas con lupus. Agora ampliouse a posibilidade de colocar láminas noutros casos de enfermidades que teñan efectos equivalentes en termos de exposición aos raios UV, a condición de que estean homologadas. Os propietarios do vehículo deberán, ademais, xustificar a necesidade médica de instalar esta protección adicional.

Fonte: Revista Consumer